Colexio San FermínAvisos y últimas noticias

 
Download Free Templates http://bigtheme.net/ Websites Templates
Jueves, 12 Marzo 2020 00:00

Prevención do Coronavirus Destacado

Estimadas familias:

Seguindo as medidas que publicou hoxe a Consellería de Educación en colaboración coa Consellería de Sanidade o centro permanecerá pechado como medida preventiva de contaxio dende o próximo luns día 16 de marzo durante ao menos 15 días (estade atentos aos informativos, a páxina do cole e ao noso perfil de Facebook do colexio para máis información de aquí en adiante).

Para mañá día 13 de marzo a recomendación é a de non asistir ao centro, aínda que nós permaneceremos abertos no horario oficial de 9 a 14 horas (non haberá nin comedor nin actividades).

A organización do traballo para o alumnado durante estes días se realizará a través dos blogs das clases (pronto vos comunicaremos como se levará a cabo en cada clase).

Ademais os deixamos unhas imaxes con recomendacións para evitar o contaxio estes días.

Aproveitamos a ocasión para saudarvos atentamente.

A Dirección

Buscar Colexio San Fermín

« Abril 2020 »
Lun Mar Mier Jue Vie Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30