Bos días familias:
Hoxe queremos facervos un breve resumo do que anunciou onte o Ministerio de Educación en relación ao curso académico.
En xeral a ministra falou de tres cosas:
1. O curso segue no seu calendario habitual de forma telemática, non se prolongan as clases nin se cancelan. Non se sabe aínda se se vai a volver ou non ás aulas antes de que finalice, dependerá do que digan en sanidade.
Prevén tamén que poida haber clases de reforzo en xullo orientadas a aqueles alumnos que non poden acceder á teleformación por falta de medios ou a aqueles que non conseguisen adquirir os contidos dos primeiros trimestres. Estas clases serían totalmente voluntarias e aínda non deron detalles sobre como nin onde se van a facer, si adiantan que non as vai a dar o profesorado do cole.
2. A terceira avaliación servirá para recuperar as anteriores e repasar os contidos xa dados, polo que non imos seguir avanzando en contidos senón que seguiremos repasando o dado desde o inicio de curso ata o de agora ou o visto en cursos anteriores. No próximo curso 2020/2021 os mestres organizarán as programacións de forma que se traballen os contidos que non deron este ano.
3. Por norma xeral proponse a promoción do alumnado ao curso seguinte, pero pódese ter en conta o repetir curso en casos excepcionais. A terceira avaliación non contará negativamente.
De todos os xeitos, para a nosa comunidade isto non é aínda definitivo, é competencia agora da Consellería adaptar estas medidas á realidade Galega e facer un comunicado específico. Manterémosvos informados.
Un saúdo,
A Dirección