Imprimir esta página
Lunes, 02 Noviembre 2020 00:00

Concurso de Cabazas Destacado

A última semana do mes de outubro sempre preparamos actividades para celebrar a popular "Festa do Samaín". Este ano tivemos que adaptar as actividades para garantir a seguridade  ante a COVID-19  polo que o tradicional "Concurso de Cabazas" tivo que facerse cunha exposición das fotografías dos traballos . Moitas grazas a todas as familias participantes e  parabéns a Sophia,  Bernardo e Thiago, gañadores deste ano. Deixo na galería as fotografías para que poidades comprobar a gran creatividade e destreza amosada por todos.

 Acceso ás fotos.