Ainda que o protocolo "anticovid" non permitiu que organizásemos moitas das tradicionais actividades de Nadal do colexio, adaptamos moitas delas para que os alumnos e alumnas desen a benvida ao Nadal. Os alumnos e alumnas de primaria elaboraron unha "arbore dos desexos" que decorou o corredor principal do Centro. Nenos e nenas escribiron un desexo nunha bola de papel e a decoraron, logo cada aula elixiu as que se colocarían na árbore.
Deixo enlaces ao vídeo grabado cos alumnos e alumnas de terceiro de E. Primaria e o audioconto dos nenos e nenas de primeiro e segundo de E. Primaria. Tamén deixo algunhas fotografías do intercambio de manualidades dos alumnos e alumnas de terceiro e cuarto. Os nenos e nenas de sexto escribiron e cantaron unha panxoliña e os nenos e nenas de Infantil fixeron manualidades e unha festa de Nadal e cada aula.... Tampoucon faltou a visita de Papá Noel, ainda que virtualmente xa que enviou un vídeo personalizado a cada grupo de alumnos. Nos blogs de aula podedes ver mais fotografías das actividades.