Imprimir esta página
Viernes, 19 Febrero 2021 00:00

Entroido 2021 Destacado

Chegou a semana previa ao Entroido e no noso Colexio mantivemos a tradición de seguir as  indicacións do  "MECO" por tolas que parecesen: este ano viñemos ao colexio en pixama, disfrazados de vellos, de bebés, de animais ou de profesións; tamén nos deixou traer un disfrace libre. Nas aulas fixemos máscaras, gafas e outras manualidades divertidas de Entroido. 

Deunos moita mágoa non poder sair á rúa coa tradicional Comparsa pero temos que sacrificar esta divertida tradición para sair canto antes desta situación de Pandemia e das consecuentes restriccións. Por sorte uns divertidos superheroes apareceron polo Colexio este ano para combatir o virus! Tamén resultou impresionante ver coma un enorme  dinosauro apareceu polo colexio facendo trasnadas! En fin unha semana moi deivertida na que quedamos abraiados coa orixinalidade de moitos dos disfraces. Podedes comprobalo nestas fotografías e tamén nas que hai nos blogs de aula. 

Medios