Colexio San FermínAvisos y últimas noticias

 
Download Free Templates http://bigtheme.net/ Websites Templates
Elementos filtrados por fecha: Viernes, 13 Marzo 2020
Viernes, 13 Marzo 2020 00:00

Traballo telemático

Boas tardes familias:
 
 
A partires do próximo luns teredes á vosa disposición nos blogs de aula notificacións de cada mestre respecto ao traballo que terán que facer o alumnado este tempo que esteamos na casa. 
 
As profes de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria porán a vosa disposición tarefas, xogos e recomendacións para que estes días na casa non perdan o hábito de traballo e a volta podamos proseguir coas rutinas habituais. 
 
A partir de 2º de Educación Primaria as mestras e os mestres mandarán tarefas para casa para reforzar e nalgúns casos proseguir con contidos. 
 
A comunicación coas mestras de Infantil seguirá sendo a través do WhatsApp do número de Infantil, e en Educación Primaria se habilitarán chats no que os mestres  estarán á vosa disposición durante o horario lectivo (de luns a venres de 9 a 14h).
 
Por favor, estade atentos aos blogs e as mensaxes que vos poñan os mestres de forma diaria a partires do luns. 
 
Un cordial saúdo.
 
A dirección.
Publicado en Noticias

Buscar Colexio San Fermín

« Marzo 2020 »
Lun Mar Mier Jue Vie Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31