Colexio San FermínAvisos y últimas noticias

 
Download Free Templates http://bigtheme.net/ Websites Templates
Elementos filtrados por fecha: Viernes, 20 Marzo 2020
Viernes, 20 Marzo 2020 00:00

Concurso do Día da Poesía

Benqueridas familias:

 

Para que vos sexa máis levadeiro estes días que hai que pasar na casa, dende o cole San Fermín propoñémosvos un concurso telemático.

 

Hoxe día 21 de marzo celebramos o "Día da Poesía" e para iso propoñemos dende o cole un concurso de poesía no que o tema principal sexa: "O coronavirus".  Podedes facer referencia ao virus, ao confinamento, ao traballo do persoal sanitario... todo o que se vos ocurra!

 

O formato de presentación pderá ser de dúas formas: cunha foto da poesía por escrito (nun folio ou cartulina e decorada como queirades) ou cun video recitando a poesía. Valorarase tanto o contido da poesía como a presentación e a decoración, creatividade ao poder!!

 

prazo para participar comeza hoxe e remata o próximo mércores día 25 de marzo. Os gañadores publicaranse nas páxinas o venres día 27.

 

Podedes presentar as vosas creacións mandándoas por WhatsApp a calquera dos números habilitados do cole ou subíndoas a Facebook e mencionando o perfil do cole na vosa publicación. 

 

Estamos desexando ver as vosas poesías!!

Publicado en Noticias

Buscar Colexio San Fermín

« Marzo 2020 »
Lun Mar Mier Jue Vie Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31