Colexio San FermínAvisos y últimas noticias

 
Download Free Templates http://bigtheme.net/ Websites Templates
A semana do  25 de Novembro , "Día contra a Violencia de Xénero",  todos os alumnos e alumnas do colexio fixeron actividades de concienciación acerca do grave problema que supón a violencia machista. Murais, lectura de contos relacionados , visionado de vídeos, grabacións coa radio escolar... Déixovos algunhas fotografías e enlaces
 

Lembramos as tradicións Galegas celebrando unha festa de orixe Celta: O Samaín .

Decoramos cabazas, lemos contos de medo que dan risa, cantamos cancións ...e para que a festa fose mais divertida alumnos e mestres  disfrazáronse  de pantasmas, esqueletes, bruxas ... e trouxeron para compartir doces e comida  "arrepiante".

Déixovos algunhas fotografías pero podedes ver mais nos blogs das aulas.

Xa ven sendo habitual que se organice este concurso nas datas previas á festa do Samaín, pero ainda así a orixinalidade dos participantes nos segue a sorprender. O xurado tivo unha complicada labor, polo que finalmente deron premios atendendo a catro  categorías: á  máis divertida, á máis elaborada, a máis orixinal  e á máis terrorífica. Todos os participantes levaron un paquetiño  de doces arrepiantes coma agasallo ao rematar a tradicional festa.

En el archivo adjunto podéis consultar los libros que les han concedido en préstamo a los alumnos/as que hayan solicitado la ayuda. 

El colegio San Fermín ha recibido el reconocimiento de la asociación de Centros de Galicia al serle otorgado el "Premio a la excelencia educativa" . El pasado 8 de junio el presidente de la CECE y la actual conselleira de educación entregaron el título y el premio a los titulares del Centro. También acudieron al homenaje algunos de los maestros que a lo largo de los años han formado parte del claustro de profesores del centro. Es un orgullo para nosotros que se reconozca y valore  nuestra trayectoria de más de 50 años. Gracias a todos los profesionales que forman o han formado parte de nuestro proyecto educativo y gracias a las familias que han confiado en nosotros para educar y formar a sus hijas e hijos. 

Al finalizar el curso escolar siempre hacemos una  excursión de convivencia. este año decidimos hacer algo diferente  visitando el parque de Juegos La Jungla de Mos. Todos los alumnos y alumnas del centro  disfrutaron de hinchables, camas elásticas, yumping, parque de bolas .... en fin todo lo necesario para pasarlo genial. 

O pasado 5 de xuño celebramos o festival do noso colexio; foi unha tarde especial na que os alumnos das diferentes actividades extraescolares presentaron unhas fantásticas actuacións froito do traballo destes últimos meses. Houbo exhibicións de Taekwondo, coreografías de danza clásica e moderna, actuación dos nenos de música e guitarra, unha espectacular obra de teatro negro e unha divertida actuación dos nenos de E Infantil homenaxeando a Queen. Como colofón un video homenaxe aos alumnos de sexto de E Primaria que se gradúan este ano e que recolleron o seu diploma moi emocionados. 

A semana do 17 de maio todo o cole traballou sobre o día das letras galegas, que este ano homenaxeou a Antón Fraguas. Nenos e nenas fixeron actividades interactivas relacionadas con este autor, murais, programas coa radio escolar...
 
Entre as actividades máis destacadas atópase o obradoiro de radio dos nenos e nenas de 1º e 2º "A riqueza da nosa lingua" no que traballaron con expresións coloquiais galegas, e a xa tradicional caricatura que fixeron alumnos/as de 3º e 4º de Educación Primaria.  

Na semana do 23 de abril no Colexio San Fermín organizáronse moitas actividades relacionadas coa lectura. Algunhas coma o concurso "Guapos lectores" ou o "Libro de receitas do mundo" foron dirixidas a alumnos e familias  e a participación foi moi alta. Outras das actividades coma o  mercadiño  de libros usados, o bingo lector ou a realización de marcapáxinas fóron moi ben acollidas polos alumnos e alumnas do centro  pero a que resultou mais novidosa foi a realizada polos alumnos e alumnas de quinto : un programa de radio escolar con  concursos, entrevistas, recomendacións de libros... Podedes escoitar os audios no blog de quinto de E.Primaria.

 

Para celebrar o último día antes das vacacións e da Pascua, os nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º e 2º realizaron cadanseu unha actividade moi divertida. 
 
Os máis cativos recrearon unha mañán de Pascua na que tiñan que atopar os ovos agochados, e os máis maiores realizaron unha actividade de pescuda por todo o cole, nela tiñan que percorrer diferentes sitios do colexio ata completar tódalas pistas e conseguir o seu preciadotesouro: os ovos de pascua!! 

Buscar Colexio San Fermín

« Abril 2020 »
Lun Mar Mier Jue Vie Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30