NOVOS ALUMNOS: O prazo de presentación de solicitudes de reserva de praza é do 1 ao 20 de marzo. Podedes acceder ao impreso de solicitude de xeito telemático na ligazón https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ ou recoller o impreso na secretaría do Centro. A solicitude debe presentarse no Centro xunto cos seguintes documentos:
- Documento oficial que acredite a data de nacemento do neno/a: Fotocopia do libro de familia, partida de nacemento, DNI ...
- Certificado de empadronamento
- Calquera documento que acredite o resto das situacións que aporten puntos no caso de ser necesario baremar (familia numerosa , familia monoparental, discapacidade, ...
O Consello escolar de noso Centro otorga un punto aos familiares de alumnos ou ex-alumnos do centro
Nota: So se pode presentar unha única solicitude no centro que elixades como primeira opción, no impreso cubriredes outros centros opcionais aos que se remitirá a solicitude en caso de non haber prazas suficientes ( logo do proceso de baremación )
ALUMNOS DE 6º DE PRIMARIA: Os alumnos que cursarán secundaria o próximo ano deben solicitar reserva de praza no centro adscrito( IES de TEIS) ata o día 15 de Febreiro. De non continuar a ESO neste Centro deberán presentar a solicitude no Centro elixido entre o 1 e o 20 de marzo e solicitar un certificado de matrícula na nosa secretaría.