Colegio San Fermín

Vigo na Revolta – Reconquista 2026

O alumnado do último ciclo de Educación Primaria do Colexio San Fermín participou nunha actividade moi especial para coñecer de preto a historia da nosa cidade e a Reconquista de Vigo.

A través do programa educativo municipal “Vigo na Revolta – Reconquista 2026”, os nenos e nenas de 5.º e 6.º achegáronse a este importante acontecemento histórico dunha maneira dinámica e participativa. A actividade desenvolveuse no casco vello, onde puideron vivir unha representación que lles permitiu comprender mellor o contexto histórico e os feitos que marcaron a identidade da cidade.

Esta experiencia converteuse nunha oportunidade única para aprender fóra da aula, conectando co pasado dun xeito vivencial e significativo, e reforzando o coñecemento da contorna máis próxima.

Unha xornada enriquecedora que axuda a poñer en valor a nosa historia e as nosas tradicións.

Feliz Reconquista de Vigo!