O alumnado de Educación Infantil e de 1.º de Primaria viviu hoxe unha xornada moi especial na que deu renda solta ás súas emocións a través do teatro.
Grazas á compañía A Xanela do Maxín, os nenos e nenas puideron gozar da obra O monstro de cores, unha proposta escénica que combina música, cor e expresión emocional.
Durante a representación, o alumnado conectou coas diferentes emocións dun xeito lúdico e participativo, descubrindo a importancia de identificalas e expresalas. Para moitos deles, ademais, foi o seu primeiro contacto co teatro, converténdose nunha experiencia chea de sorpresa e ilusión.
Unha mañá divertida e enriquecedora que demostra o valor das artes escénicas como ferramenta educativa para aprender, sentir e medrar.











