Para poñer o broche final a un curso cheo de aprendizaxes, experiencias e momentos compartidos, o alumnado do Colexio San Fermín desfrutou dunha gran excursión de convivencia ao aire libre.
Ao longo da xornada, nenos e nenas de todas as etapas puideron compartir xogos, actividades e tempo de lecer nun ambiente distendido e cheo de alegría. Foi unha oportunidade perfecta para celebrar xuntos todo o vivido durante o curso e reforzar os lazos de amizade e compañeirismo.
Como colofón final, a tan esperada festa da auga converteuse na protagonista da tarde, enchendo o día de risas, diversión e moitos momentos para lembrar.
Desde o Colexio San Fermín queremos agradecer ás familias a súa confianza e acompañamento ao longo deste curso. Grazas por formar parte de cada proxecto, cada actividade e cada aprendizaxe compartida.
Desexámosvos un feliz verán cheo de descanso, ilusión e novas experiencias.
Vémonos á volta!

















