Colegio San Fermín

Campionato de cros

Estamos moi orgullosos do noso alumnado! Nos campionatos zonais de cros, organizados polo programa Xogade, os nosos nenos e nenas demostraron unha vez máis a súa tenacidade, o seu esforzo e as súas ganas de superarse.

Os resultados foron fantásticos:

  • Sophia: 1.ª posición.
  • Jericó: 2.ª posición.
  • Jocabed: 3.ª posición.
  • Nagore: 2.ª posición.
  • Xoel: 4.ª posición.
  • Fatou: 5.ª posición.

Parabéns a todos e todas por estes magníficos resultados! Queremos felicitar tanto a quen conseguiu subir ao podio como a quen deu o mellor de si mesmo durante a carreira.

Porque, máis alá das clasificacións, o importante é participar, esforzarse, superar os propios retos e desfrutar do deporte en equipo, compartindo valores como o compañeirismo, o respecto e a superación persoal.

Noraboa a todos e todas! Sodes un orgullo para o Colexio San Fermín.