Colegio San Fermín

samaín 2026

O Samaín chegou ao Colexio San Fermín cunha xornada chea de diversión, sorpresas e algún que outro susto!

O noso alumnado gozou dunha celebración moi especial na que non faltaron as merendas terroríficas, as cabazas, os xogos e, por suposto, o esperado túnel do terror.

Entre risas, disfraces e momentos emocionantes, pequenos e maiores participaron nas diferentes propostas e gozaron dunha xornada diferente, na que a diversión foi a gran protagonista.

Un Samaín de medo que nos deixou moitos bos recordos!