Colegio San Fermín

Primeira semana de curso

A primeira semana de escola é un momento moi importante para os máis pequenos. Unha etapa chea de emocións, novos descubrimentos e primeiras experiencias que require calma, paciencia e, sobre todo, moito agarimo.

Os nosos nenos e nenas de Educación Infantil afrontaron estes primeiros días de maneira fantástica. Pouco a pouco foron coñecendo os novos espazos, as rutinas, os compañeiros e as persoas que os acompañarán nesta nova etapa.

Ao longo da semana, fomos vendo como gañaban confianza e seguridade, desfrutando dos seus primeiros momentos de xogo e aprendizaxe xuntos. E, por suposto, xa nos regalaron os seus primeiros sorrisos, que son a mellor mostra de que se están a sentir como na casa.

Comezamos así unha nova aventura chea de aprendizaxes, descubrimentos e momentos especiais. Estamos moi orgullosas dos nosos pequenos e pequenas!