Download Free Templates http://bigtheme.net/ Websites Templates

Admisión de Alumnos curso 2023/2024 Destacado

 

 

O proceso de admisión de alumnado comezou xa para os nenos e nenas que queiran continuar estudos de E. Secundaria no o IES de TEIS. Debedes entregar o  ANEXO I na secretaría do colexio cuberto e asinado antes do día 6 de febreiro. O ANEXO I pósese cubrir e imprimir  na páxina:https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

 

O periodo de presentación, na Secretaría do Centro, de solicitudes de admisión para alumnos novos  será do 1 ao 20 de Marzo 

Documentación a presentar:

  • Modelo de solicitude cuberto. Facilitaráselles na Secretaría do Centro. Tamén poden descargalo, cubrilo e /ou imprimilo premendo no seguinte enlace: (Anexo II:Solicitude de admisión)ou cubrindoo e imprimíndoo na páxina:https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia).
  • Certificado de matrícula do curso actual.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

O horario de secretaría será de 9:20h a 11:40h e de 12:45 a  13:00h. Tamén se pode concertar cita chamando ao 986272195 ou por WhatsApp a ese mesmo número.

 

 

Cookies