Colexio San FermínAvisos y últimas noticias

 
Download Free Templates http://bigtheme.net/ Websites Templates
Lunes, 26 Abril 2021 00:00

23 de abril - Día Internacional del Libro 2021

Ola familias!

A semana pasada foi unha semana moi importante para os amantes da lectura... xa que celebramos a semana do libro!

Nesta ocasión, os cinco días estiveron dedicados a un proxecto común a todo o cole, xa que cada curso preparou unha interpretación dun conto para expoñelo a través dun "Kamishibai". Os preguntaredes... que é iso do "Kamishibai"? Literalmente significa "drama de papel" e é unha forma de contar historias orixinada nos templos budistas de Xapón no século XII, onde os monxes utilizaban pergamiños con imaxes á vez que narraban as historias.

Agora que xa todos sabemos que é, cóntovos como traballamos:

 

LUNS: Traballouse o conto escollido en cada clase e repartíronse tarefas (uns encargábanse de debuxar as escenas, outros de narrar ou as dúas cousas á vez).

MARTES: Comezouse coa realización das escenas e o ensaio da lectura.

MÉRCORES: Plastificáronse as escenas e fixéronse ensaios xerais.

XOVES/VENRES: Comezaron as gravacións no pequeno teatro que deseñouse para tan especial ocasión (Moitas grazas a Pablo e Yoli (papis de Emma) polo voso traballo!).

 

Tedes curiosidade polo resultado?? Nesta entrada podedes ver o vídeo que fixo o alumnado de terceiro de Primaria. Se queredes ver o resto, tendes todos os vídeos no blog da nosa biblioteca: http://bibliotekasanfermin.blogspot.com

Por outra banda, e aproveitando que o vernes foi o Día do Libro e Saint Jordi, propuximos un intercambio: unha flor feita a man por un libro! 

 

Nas fotos podedes ver os intercambios; pasámolo xenial!!

Medios

Buscar Colexio San Fermín

« Junio 2023 »
Lun Mar Mier Jue Vie Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Cookies