Colexio San FermínAvisos y últimas noticias

 
Download Free Templates http://bigtheme.net/ Websites Templates

O día 2 de abril celébrase o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.

Este ano, baixo o lema #chamémosllepoloseunome traballamos no cole diferentes actividades para lograr unha maior visibilidade.

Entre elas representamos o símbolo do infinito e decoramos as ventás exteriores do centro. 

A continuación algunhas imaxes e vídeos.

 

Acaba marzo y llega una fiesta deseada por todos y todas: ¡La Pascua!

En el cole quisimos sumarnos a esta celebración y hemos realizado muchas actividades diferentes: coronas, pulseras, decoración de huevos... 

Además en infantil nos ha visitado el Conejito de Pascua y ha escondido dulces y chocolates para todos.

¡¡Ha sido muy divertido!!

Con esta fiesta despedimos el trimestre, ¡¡nos vemos a la vuelta!!

 

O día 28 de marzo celébrase na nosa cidade a Reconquista de Vigo, conmemorando a data na que os habitantes da cidade conseguiron expulsar aos invasores franceses.

No cole traballamos esta efeméride con diversas lecturas e creando o noso banderín de Vigo. 

Todos os nenos e nenas sairon do colexio ao canto de Viva Vigo!

A continuación algunhas imaxes do traballo realizado.

 

 

Nela represéntase a toma da cidade polos franceses a comezos de século XIX e a reconquista polos habitantes galegos.

O pasado 21 de marzo celebramos no cole o Día da Poesía e tanto pequenos coma grandes traballaron este xénero literario.

A grande protagonista nesta data foi a Radio Escolar, onde 1º, 2º e 3º curso gravaron recitais poéticos do libro "Peque-Sonetos para niños y niñas inquietos" sobre a vida de persoas representativas históricamente.

Os máis pequenos traballaron sobre un poema de Gloria Fuertes e os máis maiores decoraron o centro con orixinais caligramas!

 

A continuación un vídeo e algunhas fotos das actividades.

 

 

 

 

O pasado 8 de marzo celebramos no cole o día Internacional da Muller. Aproveitando que a data coincidía coa semana da prensa, nas aulas traballáronse ámbalas dúas efemérides de diversas formas. 

Con diversas lecturas, investigación en prensa e unha ampla variedade de manualidades (brazaletes, banderíns, marcapáxinas, murais...) os nenos e nenas fomentaron a súa creatividade ao tempo que festexaban estas datas tan importantes.

Fixeron un magnífico traballo!!

El próximo lunes 13 de marzo a las 17:30 tendremos en la biblioteca del centro el evento formativo "Cerebro y pantallas". Durará aproximadamente 2 horas y media. 

Esta formación, organizada desde el programa "Lectura y familias" de nuestra biblioteca, está orientada de forma gratuita para todo el claustro y las familias de nuestro colegio. 

La ponente será María Couso, experta en pedagogía y Neuroeducación, también conocida por su página web y perfil de Instagram @play.funlearning.

Para la organización del espacio será necesario una inscripción previa a través del siguiente enlace.

Inscripción previa

Las plazas son limitadas, por lo que nos pondremos en contacto con vosotros/as para comunicaros si habéis sido admitidos/as en la actividad.

En las imágenes adjuntas podréis ver con detalle los contenidos del evento. Os animamos a participar en la jornada, ¡¡esperamos que sea instructiva y beneficiosa para todos y todas las asistentes!!

 

O día 23 de febreiro celebramos no cole o día conmemorativo a Rosalía de Castro, a nosa escritora galega máis emblemática. 
 
Para conmemoralo os nenos e nenas traballaron tendo coma base a canción "Rosalía Pequeniña" e tomándoa como referente fixeron un fermoso mural e creativas bandas deseñadas, quedou fermoso!! 

Aquí tendes máis imaxes da comparsa.

No Entroido deste ano o Meco fixo as súas propostas para cada día da semana quentando motores para rematar coa gran comparsa de convivencia do centro. 

Este ano a temática foi O FONDO MARIÑO E O SEU COIDADO  e case tódolos nenos e nenas, así coma algunhas familias, participaron nesta xornada tan divertida. 

Ao longo da semana elaboráronse os disfraces e todos e todas lucíronos no pasarrúas que se fixo dende o noso Colexio ata o Centro Comercial Vialia.

Ademais non faltaron actividades e xogos propios desta data e unha gran festa con filloas, orellas, e outros doces típicos  wink

Toda a comunidade educativa amosou gran  imaxinación e creatividade á hora de elaborar os traxes dos alumnos e alumnas. Podedes comprobalo na galería de imaxes e nos blogs de aula.

A familia San Fermín deséxavos BO NADAL E PRÓSPERO 2023!!

Buscar Colexio San Fermín

« Diciembre 2023 »
Lun Mar Mier Jue Vie Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Cookies