Colexio San FermínAvisos y últimas noticias

 
Download Free Templates http://bigtheme.net/ Websites Templates

Coma todos os cursos celebramos no Colexio San Fermín o día escolar pola Paz. Este ano traballamos coa radio escolar grabando unha versión moi particular do tema "Somos el mundo"; tamén elaboramos un mural no que todos os cursos aportaron un vagón ao "Tren da Paz". Os alumnos e alumnas de Educación Infantil decoraron mans de papel coas súas familias, os nenos e nenas de 1º e 2º de E. Primaria fixeron unha paloma con mensaxes de paz en diferentes linguas, 3º de primaria  fixo un mural cheo de desexos para a paz no que tamén participaron alumnos de outros cursos, cuarto decorou o seu vagón cun bonito mural sobre a diversidade cultural e os nenos e nenas de 5º e 6º reproduciron frases célebres que promoven a non violencia e a paz. Además os alumnos fixeron variadas manualidades e traballos na aula promovendo valores contra a violencia e a favor do respeto e a tolerancia, base fundamental para unha convivencia pacífica.

O claustro de profesores do Colexio San Fermín deséxalles un feliz Nadal e un ano novo cheo de ilusións, amor e prosperidade.

 

Ainda que este curso o mal tempo retrasou o noso Magosto, aproveitamos que saiu o sol para celebrar esta celebración típica de Novembro. Un simpático " Castañeiro" trouxo ao patio o seu carriño de castañas e amenizou  a festa con música e xogos. Aquí podedes ver  algunhas fotografías.

A semana do  25 de Novembro , "Día contra a Violencia de Xénero",  todos os alumnos e alumnas do colexio fixeron actividades de concienciación acerca do grave problema que supón a violencia machista. Murais, lectura de contos relacionados , visionado de vídeos, grabacións coa radio escolar... Déixovos algunhas fotografías e enlaces
 

Lembramos as tradicións Galegas celebrando unha festa de orixe Celta: O Samaín .

Decoramos cabazas, lemos contos de medo que dan risa, cantamos cancións ...e para que a festa fose mais divertida alumnos e mestres  disfrazáronse  de pantasmas, esqueletes, bruxas ... e trouxeron para compartir doces e comida  "arrepiante".

Déixovos algunhas fotografías pero podedes ver mais nos blogs das aulas.

Xa ven sendo habitual que se organice este concurso nas datas previas á festa do Samaín, pero ainda así a orixinalidade dos participantes nos segue a sorprender. O xurado tivo unha complicada labor, polo que finalmente deron premios atendendo a catro  categorías: á  máis divertida, á máis elaborada, a máis orixinal  e á máis terrorífica. Todos os participantes levaron un paquetiño  de doces arrepiantes coma agasallo ao rematar a tradicional festa.

En el archivo adjunto podéis consultar los libros que les han concedido en préstamo a los alumnos/as que hayan solicitado la ayuda. 

El colegio San Fermín ha recibido el reconocimiento de la asociación de Centros de Galicia al serle otorgado el "Premio a la excelencia educativa" . El pasado 8 de junio el presidente de la CECE y la actual conselleira de educación entregaron el título y el premio a los titulares del Centro. También acudieron al homenaje algunos de los maestros que a lo largo de los años han formado parte del claustro de profesores del centro. Es un orgullo para nosotros que se reconozca y valore  nuestra trayectoria de más de 50 años. Gracias a todos los profesionales que forman o han formado parte de nuestro proyecto educativo y gracias a las familias que han confiado en nosotros para educar y formar a sus hijas e hijos. 

Al finalizar el curso escolar siempre hacemos una  excursión de convivencia. este año decidimos hacer algo diferente  visitando el parque de Juegos La Jungla de Mos. Todos los alumnos y alumnas del centro  disfrutaron de hinchables, camas elásticas, yumping, parque de bolas .... en fin todo lo necesario para pasarlo genial. 

O pasado 5 de xuño celebramos o festival do noso colexio; foi unha tarde especial na que os alumnos das diferentes actividades extraescolares presentaron unhas fantásticas actuacións froito do traballo destes últimos meses. Houbo exhibicións de Taekwondo, coreografías de danza clásica e moderna, actuación dos nenos de música e guitarra, unha espectacular obra de teatro negro e unha divertida actuación dos nenos de E Infantil homenaxeando a Queen. Como colofón un video homenaxe aos alumnos de sexto de E Primaria que se gradúan este ano e que recolleron o seu diploma moi emocionados. 

Buscar Colexio San Fermín

« Diciembre 2023 »
Lun Mar Mier Jue Vie Sáb Dom
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Cookies