O proceso de admisión de alumnado comezou xa para os nenos e nenas que queiran continuar estudos de E. Secundaria no o IES de TEIS. Debedes entregar o ANEXO I na secretaría do colexio cuberto e asinado antes do día 6 de febreiro. O ANEXO I pósese cubrir e imprimir na páxina:https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.
O periodo de presentación, na Secretaría do Centro, de solicitudes de admisión para alumnos novos será do 1 ao 20 de Marzo
- Modelo de solicitude cuberto. Facilitaráselles na Secretaría do Centro. Tamén poden descargalo, cubrilo e /ou imprimilo premendo no seguinte enlace: (Anexo II:Solicitude de admisión), ou cubrindoo e imprimíndoo na páxina:https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.
- Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia).
- Certificado de matrícula do curso actual.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.
O horario de secretaría será de 9:20h a 11:40h e de 12:45 a 13:00h. Tamén se pode concertar cita chamando ao 986272195 ou por WhatsApp a ese mesmo número.