A pasada semana, o noso alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria participou nunha saída didáctica á Biblioteca Pública Juan Compañel, situada no corazón de Vigo. Esta actividade forma parte do noso compromiso por fomentar o gusto pola lectura, o uso responsable dos recursos públicos e a curiosidade polo coñecemento.
Comezamos a actividade
Ao chegar, todo o alumnado puido visualizar un vídeo explicativo no que se amosaba, de forma sinxela e amena, como funciona a biblioteca: desde como buscar libros até como solicitar o seu préstamo ou consultar materiais.

Posteriormente, os responsables da actividade guiaron ao alumnado pola Sala Infantil, onde puideron coñecer:
Os diferentes recunchos de lectura
A organización dos libros segundo idades e temáticas
A variedade de revistas, películas e videoxogos dispoñibles
As normas de uso e o procedemento para prestar un libro
A experiencia foi moi enriquecedora e espertou moita curiosidade entre os máis pequenos.
O alumnado de Primaria participou nunha emocionante búsqueda do tesouro que, pista a pista, lles levou até unha sala chea de… libros!
Unha maneira divertida e dinámica de explorar os recursos da biblioteca e aprender xogando.
Os nenos e nenas de Infantil gozaron dun xogo interactivo e da lectura dun contacontos, creando un ambiente máxico onde a imaxinación foi a protagonista.
Queremos agradecer á Biblioteca Pública Juan Compañel a súa marabillosa acollida e o coidado na organización das actividades.
Foi unha experiencia educativa moi positiva que, sen dúbida, volveremos repetir.
Até a próxima visita!






















