Onte tivemos no noso centro unha visita moi especial coa presenza da escritora Alicia Borrás, coñecida por obras como Querido Nadie e Nata y Chocolate.
Durante o encontro, o alumnado tivo a oportunidade de facerlle preguntas, conversar sobre os seus libros e coñecer máis de preto o seu proceso creativo. Foi un momento moi enriquecedor no que os estudantes puideron descubrir como nacen as historias e que hai detrás do traballo dunha autora.
Ademais, tivemos a ocasión de mostrarlle o booktrailer que o alumnado preparou sobre o libro Querido Nadie, un instante especialmente emocionante para todos e todas, no que puidemos compartir co autora o resultado do noso traballo e o entusiasmo coa lectura da súa obra.
Desde o Colexio San Fermín queremos agradecerlle a súa visita, o tempo que nos dedicou e a inspiración que transmitiu ao noso alumnado para seguir lendo, imaxinando e creando novas historias.



