Onte recibimos no Colexio San Fermín a visita do alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado pola concelleira de Educación, Olga Alonso.
Durante a xornada, o alumnado de 6.º de Primaria realizou unha entrevista centrada na inclusión educativa, reflexionando sobre a importancia de construír unha escola para todos e todas, baseada no respecto, na igualdade de oportunidades e na atención á diversidade. A actividade permitiu ao alumnado preparar preguntas, argumentar as súas ideas e participar activamente nun diálogo directo cos representantes institucionais.
Tras a entrevista, o alcalde e a concelleira visitaron tamén aos diferentes grupos do centro, compartindo uns minutos cos nenos e nenas e amosando proximidade e interese polo traballo educativo que se desenvolve nas aulas.
Desde o Colexio San Fermín agradecemos a súa visita e a disposición mostrada co noso alumnado. Este proxecto continuará con novas entrevistas e, unha vez finalizado, compartiremos os resultados do traballo realizado, reforzando así o compromiso do centro coa participación, a reflexión crítica e a educación en valores.









