Hoxe celebramos no Colexio San Fermín o Día de Rosalía de Castro, unha xornada dedicada a recoñecer a importancia da súa figura para a lingua e a cultura galegas.
Desde os cursos de Educación Infantil ata Educación Primaria, todo o alumnado participou na elaboración dun mural colectivo en homenaxe á autora, no que se combinaron creatividade, cor e diferentes elementos inspirados na súa obra e na súa identidade cultural.
Ademais, o alumnado de Infantil realizou unhas fermosas caretas de Rosalía, unha actividade manipulativa que lles permitiu achegarse á súa figura dunha maneira visual e significativa.
Foi un día para poñer en valor a nosa lingua, a nosa cultura e o orgullo de sermos galegos, reforzando o coñecemento das nosas raíces desde as idades máis temperás.
Porque Rosalía non só se estuda… séntese.


















