Aquí deixamos unha recompilación das diferentes actividades que vivimos durante a Semana do Libro no Colexio San Fermín, unha das citas máis especiais do curso escolar.
Ao longo destes días, o alumnado participou en propostas moi variadas pensadas para achegar a lectura dun xeito creativo, dinámico e participativo. Entre elas, gozamos de contacontos, caixa sorpresa lectora, gravación de audiolibros e moitas outras iniciativas que converteron os libros nos grandes protagonistas da semana.
Cada actividade foi unha oportunidade para espertar a imaxinación, fomentar o gusto pola lectura e descubrir novas formas de aprender a través das historias.
Sen dúbida, foi unha semana moi especial para toda a comunidade educativa, porque os libros non só nos acompañan… tamén fan posible a educación.















