Colegio San Fermín

Encontro de lectura coa Escola Infantil San Nicolás

Nesta ocasión foi a quenda dos maiores do colexio de visitar aos nosos veciños da Escola Infantil San Nicolás. O alumnado de 5.º e 6.º de Primaria gozou dunha agradable mañá ao aire libre compartindo momentos de lectura cos máis pequenos.

Durante o encontro, os nosos alumnos e alumnas leron e contaron diferentes contos, converténdose por un día en mediadores de lectura e acompañando aos nenos e nenas da escola infantil nunha experiencia chea de imaxinación e aprendizaxe compartida.

Foi unha actividade moi enriquecedora para todos, na que os maiores amosaron o seu lado máis paciente, responsable e agarimoso, creando un ambiente de confianza, respecto e colaboración entre ambos centros.

Desde o Colexio San Fermín agradecemos á Escola Infantil San Nicolás a súa acollida e a oportunidade de seguir compartindo experiencias tan especiais, nas que a lectura se converte nunha ponte de unión entre diferentes idades.