O pasado 20 de novembro, con motivo do Día Mundial dos Dereitos do Neno, o alumnado de 6.º de Primaria do Colexio San Fermín visitou a Escola Infantil San Nicolás para participar nun encontro de lectura. Durante a actividade, os maiores compartiron coas nenas e nenos máis pequenos o conto “Un puñado de botones”, fomentando a interacción, a atención e a motivación pola lectura.

Foi unha experiencia enriquecedora, na que os alumnos e alumnas de Primaria non só leron senón que acompañaron, escoitaron e desfrutaron xunto cos máis pequenos. A actividade contribuíu a reforzar lazos entre distintas etapas educativas e a promover valores como a empatía, a cooperación e o respecto pola palabra e a imaxinación.






Dende o Colexio San Fermín queremos expresar un agradecemento especial á Escola Infantil San Nicolás pola súa acollida e por permitirnos vivir momentos tan significativos de aprendizaxe e convivencia. Deixámosvos o vídeo para que poidades escoitar o conto:
