No Colexio San Fermín despedimos o ano cunha celebración moi especial na que compartimos risas, ilusión e bos desexos. Para a ocasión, o alumnado puxo as súas mellores galas, enchendo o centro de cor e ambiente festivo.
Durante as badaladas, os nenos e nenas seguiron a tradición tomando 12 lacasitos nun momento cheo de emoción e alegría. Cada badalada converteuse nunha oportunidade para agradecer o vivido e mirar ao novo ano con ilusión e ganas de seguir aprendendo xuntos.
A celebración continuou na nosa particular discoteca, onde o alumnado puido bailar, divertirse e gozar como nunca, compartindo un tempo de lecer e convivencia inesquecible.
Foi unha xornada chea de momentos felices, coa que despedimos o ano da mellor maneira posible. Desde o colexio desexamos que o vindeiro ano veña cargado de aprendizaxes, valores e moitas experiencias para lembrar. Feliz 2026!






















