Colegio San Fermín

Excursión á pista de xeo

Hoxe o noso alumnado gozou dunha saída moi especial á pista de xeo, unha experiencia diferente na que non faltaron as risas, a ilusión e o compañeirismo.

Ao longo da xornada, os nenos e nenas compartiron momentos de diversión mentres aprendían a desprazarse sobre o xeo, axudándose uns a outros e disfrutando dun ambiente de convivencia e alegría.

Foi un día distinto e moi divertido, que quedará como un bonito recordo para todo o alumnado.