Onte, con motivo do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, o alumnado de 3.º e 4.º de Primaria participou nunha fermosa actividade xunto á Escola Infantil San Nicolás.
Foi un encontro cheo de agarimo e ledicia, no que se compartiron valores fundamentais como o respecto, a convivencia e a paz. A través de dinámicas adaptadas ás idades, os nenos e nenas puideron reflexionar sobre a importancia de resolver conflitos de maneira pacífica e de coidar aos demais.
Desde o Colexio San Fermín queremos agradecer á Escola Infantil San Nicolás a súa acollida e a colaboración constante, que fai posible vivir experiencias tan enriquecedoras e significativas para o noso alumnado.


















