O noso alumnado volveu demostrar que a paixón pola lectura medra cando se cultiva con ilusión e esforzo. Catro representantes do centro participaron na final de Galicia de “Pequeños gigantes de la lectura”, un certame no que o reto consistía en dar vida ás súas novelas favoritas durante tres minutos diante do público.
Non era unha tarefa sinxela: afrontar un escenario, controlar os nervios e transmitir emoción a través da palabra require valentía, preparación e moito amor polos libros. E fixérono de maneira excepcional, demostrando seguridade, expresividade e unha gran capacidade de comunicación.
A experiencia foi inesquecible, chea de aprendizaxe e momentos intensos que reforzan o valor da lectura como ferramenta de crecemento persoal e académico.
Queremos destacar especialmente que Fatou acadou un terceiro posto nunha final de altísimo nivel, un logro que nos enche de orgullo e que recoñece o traballo e a dedicación realizados.
Parabéns aos nosos catro representantes polo seu talento, compromiso e entusiasmo. Sodes un exemplo para toda a comunidade educativa e unha mostra de que a lectura abre portas e crea grandes oportunidades.









